981257290 whatsapp 638091113 info@becaseurolingua.com
 

Adxudicatarios Bolsas Eurolingua Galicia

Este é o listado definitivo de afortunados que iste verán realizarán un cursos de inglés en Irlada, Derry ou Dublin. Por quinto ano consecutivo estamos orgullosos do interese amosado por todolos candidatos, en particular nos programas de bolsas do 100% por Eurolingua.

Parabéns aos estudantes con bolsa! E moitas grazas ao resto dos candidatos por participar na convocatoria de bolsas Eurolingua 2017.

Pincha nos enlaces se queres coñecer os programas que van desfrutar os bolseiros:

Ante todo: grazas, grazas e de novo grazas. Estou moi ilusionada á espera de poder viaxar a Derry. Toda a miña ilusión debolla á xenerosidade de EUROLINGUA, que fixo posible que este verán sexa especial e poida mellorar o meu inglés nunhas condicións excepcionais á miña idade: en Derry. Poñerei todo da miña parte para aproveitar a oportunidade que se me brinda porque será a mellor maneira de corresponder ao xeneroso xesto de EUROLINGUA. Outra vez grazas e ata pronto!

Patricia Cobo

Vilagarcia De Arousa, IES Castro Alobre

Si, é a primeira vez que irei ao estranxeiro, e non, non teño medo da bonita experiencia que agardo. Certo día, a miña nai comentoume que había unha bolsa á que podía aspirar, e agora mesmo, agradezo ese momento. Aínda que non só dou as grazas pola existencia desta bolsa, senón por permitirme vivila, non paro de lembrar o momento no que vin o meu nome na lista. Moita xente dime que é pouco tempo, pero eu sempre respondo: ¿Que forma a vida, senón as pequenas vivencias, que se volven enormes?? Reitérome e agradezo a Eurolingua que decidise contar comigo, non defraudarei a ninguén.

Nerea Montero Dapia

A Cañiza, CPI A Cañiza

Quero agradecer a Eurolingua o concederme a Bolsa para realizar un curso de inglés en Irlanda este verán 2017, estou FELIZ e seguro de que será unha gran experiencia para min, estou desexando que chegue o 27 de xullo.

Ignacio Otero Undabeitia

A Coruña, CPR Plurilingüe Marista Cristo Rey

Estou entusiasmada con esta bolsa; dende que souben que ma concederon, comecei a contar as horas e os días para que chegue o momento de iniciar esta viaxe. Paréceme xenial que existan programas coma este, que nos permiten aos mozos poder coñecer outros recunchos do mundo; ademais, encontro extraordinario saber que unha pequena axencia da Coruña destinou fondos para que se poidan levar a cabo ¡é incrible ver que lle importamos a alguén!

Ademais, desexaría agradecer a todo o equipo de Eurolingua o concederme esta gran oportunidade de ir a Irlanda, dende aquí, prometo aproveitar ao máximo esta experiencia, e que non se arrepentirán de concederma.

Para acabar, quixese volver destacar o de acordo que estou con este tipo de actividades, na que podemos desenvolvernos e evolucionar como  persoas  a parte de adquirir e reforzar os nosos coñecementos na lingua inglesa, á parte de poder coñecer e gozar dos seus costumes, as súas paisaxes e as súas xentes.

Un saúdo e grazas.

Andrea Brage Amado

Monfero, CPI Plurilingue Virxe Da Cela

Ata este ano non coñecía o programa de bolsas de Eurolingua. Levaba varios anos buscando unha oportunidade así, que nos permitise aos estudantes coñecer un lugar novo e distinto e, ao mesmo tempo, axudásenos a mellorar en inglés. Para min é moi importante conseguir unha bolsa como a que ofrece Eurolingua, pois non é fácil dar con empresas que concedan bolsas completas coma esta. Ademais, considero que o proceso de selección é o mellor, xa que ten en conta tanto a situación económica coma o nivel de traballo e de inglés dos futuros bolseiros.

Por todo iso, gustaríame agradecer a Eurolingua facer que isto sexa posible. ¡Sei que vivirei unha experiencia incrible!

Lucia Liste

Ordes, IES Manuel García Barros

A decisión final chegou, só uns poucos recibimos esta bolsa, que ademais de permitirnos un luxo que non nos podemos dar sempre, ofrécenos unha experiencia, que sen ningunha dúbida, será inesquecible. ¡Estou eternamente agradecida de que me escolleran! Ao fin sinto que todo o esforzo, as horas e a paixón que lle adico ao meu estudo son recompensadas. Sen dúbida vai ser un verán cheo de aventuras, e no meu caso cun lugar, moitas persoas, costumes e inglés que aprender!

e nos presentan. Espero pasalo pipa e aprender moito en Derry.

Ana Serantes Otero

Pontevedra, I.E.S Castro Alobre

Quixese antes de todo darlles as grazas pola oportunidade para practicar o idioma e ter, seguro, unha experiencia única e irrepetible. Comprométome a aproveitar esta bolsa e na medida das miñas posibilidades darlle o valor e recoñecemento que merece, e tentar que se sintan orgullosos para que o seu esforzo continúe no futuro con outros novos bolseiros nos próximos anos.

Irene Pereira Reboredo

Vilagarcía de Arousa, IES Castro Alobre

Estou moi agradecida ás bolsas Eurolingua por darme a oportunidade de realizar un curso no estranxeiro que por motivos económicos seríame imposible de realizar por conta propia. Animo a todo o mundo a solicitar estas bolsas pois son unha gran oportunidade. O método de selección pareceume xusto e intelixente por parte de Eurolingua, pois non só valora a nosa  cualificación nun exame senón que ten en conta o esforzo que facemos durante todo o curso.

Laura Sánchez Blanco

Melide, IES de Melide

Son as iniciativas coma esta as que fan que mereza a pena o esforzo, o traballo diario para obter a mellor nota posible. Estou enormemente agradecido a Bolsas Eurolingua por darme esta gran oportunidade e moi emocionado pola nova experiencia que me toca vivir.

Bernal Muiños

Rianxo, IES Félix Muriel

Ante todo, palabras de agradecemento á axencia por esta maravillosa oportunidade que me están a brindar tan desinteresadamente. Estou seguro de que será una viaxe excepcional, que saberei aproveitar ao máximo para aprender todo o posible e pasalo xenial cos compañeiros que alí coñeza. ¡Xa estou impaciente por facer as maletas!

Alberto Lago Rodriguez

Vilagarcía de Arousa, IES Castro Alobre

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies