981257290 whatsapp 638091113 info@becaseurolingua.com

Adxudicatarios Bolsas Eurolingua Galicia

Este é o listado definitivo de afortunados que iste verán realizarán uns cursos de inglés en Irlanda, Derry ou Dublin. Por noveno ano consecutivo estamos orgullosos do interese amosado por todolos candidatos, en particular nos programas de bolsas do 100% por Eurolingua.

Parabéns aos estudantes con bolsa! E moitas grazas ao resto dos candidatos por participar na convocatoria de bolsas Eurolingua 2022.

Pincha nos enlaces se queres coñecer os programas que van desfrutar os bolseiros:

 

Tras a larga espera, un avión, un bus e moitos nervios chegamos por fin ao que se convertería no noso fogar por 15 días. A pesar de ser de partes moi distintas de España, con culturas e hasta linguas ou dialectos distintos puidemos entendernos e facilmente facernos amigos os uns dos outros.

Para min este intercambio foi unha gran experiencia en todos os aspectos: coñecer xente nova, afastarme do meu entorno, coñecer novas culturas e novos lugares, mellorar o meu inglés…

Por todo iso e sobre todo polos grandes recordos que me levo estou enormemente agradecida de ser seleccionada para poder vivir a experiencia.

Rosalía Díaz Mosquera

Santiago de Compostela, IES Antonio Fraguas

Se o que teño que facer é dar a miña opinión e falar da miña experiencia en Derry non me chegarían mil palabras para facelo, xa que estas dúas semanas estiveron repletas de momentos inesquecibles que se me fan difíciles de recoller por escrito.

No colexio as clases eran moi amenas e divertidas. Tanto os monitores do colexio como as de Eurolingua cumpriron co seu traballo moi satisfactoriamente, propoñendo actividades entretidas e organizándonos para que todo estivera en orden.

Para acabar, gustaríame dar as grazas a Eurolingua, porque grazas a eles puiden vivir esta marabillosa experiencia que recordarei toda a miña vida, na que ademais de gozar, aprendín xa non só para hoxe senón para o mañá.

Carmen Castro Recaman

Bueu, ÍES Johan Carballeira de Bueu

Tiven a oportunidade de vivir unha experiencia única. Grazas a Eurolingua, puiden viaxar a Irlanda durante dúas semanas e gozar dun curso de inglés.

A chegada a Irlanda foi incrible. Descubrín un mundo novo. Coñecer Derry, a cultura e forma de vida dun país totalmente diferente abriume a mente.

As clases de inglés estiveron xeniais, contábamos con profesores nativos que se adaptaban ao que quixéramos reforzar e ao nivel de dificultade que necesitáramos nas leccións.

As actividades cos monitores nos prepararon permitiron que explorásemos e coñecéramos cada recuncho daquela cidade.

Despois de todo este conxunto de emocións, actividades, clases e instantes icónicos, cando o tempo se acabou, só quedoume mirar atrás e darme conta da gran experiencia que acababa de vivir. Mil grazas a Eurolingua por darme esta oportunidade. Fixéchesme unha persoa nova, más independente e con ganas de viaxar e repetir ocasiones similares a esta.

Sabela Martínez Vieitez

Ponteareas, Colexio Los Sauces, VIGO

Este tempo que estiven en Derry foi inesquecible e una experiencia da que aprendín moitas cousas como: a historia desta cidade, inglés do día a día ou a cultura, todo dunha forma divertida, con moitas actividades e clases do más interactivas.

Pero sobre todo o que máis valoro é ter o pracer de coñecer a xente de Derry, as cales son persoas marabillosas, curiosas e súper educadas que che fan sentir como  na casa e que mostran moito interese polos estudantes estranxeiros.

Finalmente foi unha experiencia que me cambiou a vida totalmente, que me permitiu descubrir outro país e así enriquecerme como persoa.

Esta beca che dará a oportunidade de cumprir un sono por dúas semanas, de visitar unha cidade dividida en dous bandos da cal podes aprender moito. Sen dúbida unha experiencia moi recomendable que non cambiaría por nada.

Silvia Bravo Pascual

Vigo, IES ROSAIS II

Grazas as Bolsas Eurolingua tiven a sorte de poder realizar unha inmersión lingüística durante dúas semanas en Derry, Irlanda do Norte. Foi unha experiencia incrible en todos os aspectos.

Durante a miña estancia puiden practicar o meu inglés, especialmente no aspecto comunicativo. Os profesores e as clases eran excelentes e posibilitaban a aprendizaxe e a mellora do inglés dunha forma amena.

Derry é unha cidade pequena pero conta con unha gran historia que tanto o profesorado como os monitores do colexio nos explicaron, permitíndonos chegar a coñecer e comprender a cidade e a súa xente.

Esta experiencia permitiume coñecer a persoas marabillosas. A xente de Derry é moi amable e está encantada de falar con os estudantes e de coñecer a nosa cultura, o que facilita moito chegar a coñecer a súa.

As Bolsas Eurolingua ofrecéronme unha gran oportunidade que gocei ao máximo, converténdose nun fantástico viaxe cheo de momentos e persoas inesquecibles.

Eirena Souto Pazo

Brión, IES de Brión

Parece que levo toda unha vida en Derry cando en realidade acabo de regresar a España despois de dúas intensas semanas gozando de Irlanda. Sen ningunha dúbida foi unha experiencia marabillosa, positiva e realmente enriquecedora.

En Derry é fácil entrar nunha tenda ou librería para botar unha ollada e acabar charlando durante unha hora co dono escoitando historias sobre a súa infancia, discutindo as similitudes e diferenzas con España e queixándote polo tempo.

Asistíamos a un curso de inglés, xestionado por un grupo de profesores asombroso que a través de novas metodoloxías foron pulindo o noso nivel mentres que ás tardes gozábamos de actividades relacionadas coa cultura local e excursións.

Nestas dúas semanas tiven a sorte de coñecer a xente fantástica de todas partes do mundo que hoxe podo chamar amigos.

Sen lugar a dúbidas, recomendo e animo a todos a participar no programa o ano que ven.

¡APÚNTATE E VIVE A EXPERIENCIA!

Joaquín Moreiras Dacosta

Ourense, Maristas Santa Maria de Ourense

Conectamos entre todas e fixemos a nosa propia familia que me levarei sempre no corazón.

É unha experiencia que todo o mundo debería ter a oportunidade de vivir e estou moi agradecida de poder facela.

Botarei moito de menos espera pola mañá para ir a clase e ir camiñando todas xuntas mentres nos queixabamos de calquera cousa. Tamén botarei de menos nosos “día de deporte” e as nosas festas con auga. Pero sobre todo as nosas ceas no Jack’s bar, as nosas sesións de karaoke e intentar falar coa xente de Derry.

Claudia Sieira Riveiro

Arteixo, I.E.S Manuel Murguía

Tiven a oportunidade de poder viaxar a Irlanda por dúas semanas grazas a Eurolingua. E podo dicir que valeu totalmente a pena.

Puiden ver unha nova cultura e novos lugares, realmente incribles. E puiden coñecer a moita xente nova. Mellorei moito o meu inglés e gañei independencia.

As actividades do colexio estaban moi ben. No colexio aprendemos dunha maneira divertida. E na familia sentinme moi cómoda e acollida. Superou as miñas expectativas. Foi unha experiencia de dez, realmente a recomendo.

Irene Vicente Cividanes

A Garda, Colexio PP SOMASCOS

Hoxe, xa de volta na casa e botando a vista atrás, é gratificante ver como todas as vivencias que me levo comigo foron tan marabillosas que nunca as podería imaxinar; teño claro que non o cambiaría por nada.

De Derry lévome o recordo do encanto das súas rúas, a liberdade que se sinte ao cruzar o Peace Bridge, a tranquilidade nos sofisticados locais do Craft Village, a alegría que transmite o ambiente e a música por Waterloo Street, a historia e os valores que te contan os murais que inundan a cidade, a hospitalidade dos seus habitantes…

Do colexio quedo moi agradecida pola actitude e vocación de todos os profesores. As activades sempre foron lúdicas e didácticas. Ademais, estou segura de que non sería igual se non fora polo bo traballo en conxunto do equipo social e das monitoras e persoas alí destinadas de Eurolingua.

Nesta cidade coñecín a persoas incribles, algunhas de Irlanda e outras do meu propio país, pero é impresionante como se pode convivir en diversidade.

Esta bolsa foi un trampolín para seguir aprendendo e crecendo con máis forza, axudoume a ver que todo esforzo ten a súa recompensa, que as cousas traballando chegan, que a sorte existe pero non só está nos trevos de catro follas dos trasgos irlandeses e que o importante é pensar global e actuar local.

Un antes e un despois.

Mónica Antelo Barral

A Coruña, IES Rafael Puga Ramón

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies